Saltar navegación

As primeiras

Ao longo da historia houbo numerosas revoltas de mulleres que loitan pola dignidade do posto de traballo, centrarémonos en Galicia na primeira revolta a finais do século XIX en Coruña e, na segunda revolta é a finais do século XX na Illa de Arousa protagonizada polas traballadoras dunha conserveira.

 As cigarreiras, na fábrica de tabaco.

En 1857 na Coruña, na fábrica de tabaco, tivo unha das primeiras revoltas protagonizadas por mulleres, foi motivada pola introdución de nova maquinaria para picar tabaco, co que moitos postos de traballo na súa maioría femininos perigaban. As traballadoras tiraron a produción ao mar como acto de protesta, a revolta acabou ese mesmo día coa detención de varias traballadoras, non sen antes apedrear á Garda Civil. Non conseguiron o obxectivo, as máquinas foron instaladas, pero foi o xermén para a unión das traballadoras.

A nena lectora. Libro ilustrado, galego

Portada a nena lectora

Sipnose

Texto de  Manuel Rivas e ilustracións de Susana Suniaga, inspírase nunha novela de Emilia Pardo Bazán, para contar a historia das cigarreras da fábrica de tabaco ae Coruña de principios do século XX, e como unha nena lles lía contos, mentres traballaban, de fondo a historia esta a revolta das cigarreiras.

Traballadoras da conserveira de Odosa, da Illa de Arousa.

No ano 1988 na Illa de Arousa un centenar de mulleres encerráronse na fábrica de conservas Odosa, onde traballaban, para protestar contra o peche inminente da mesma e a situación tan precaria na que ían quedar,  catro delas chegaron a facer unha folga de fame,  xa que aínda que traballaran unha media de 30 anos, non había rexistro documental de todos eses anos de traballo. Empezan a denunciar as condicións pésimas de traballo, e a domesticación do traballo produtivo, xa que tamén visibilizan que ás veces traballan como empregadas domésticas dos donos.

Doli, doli...rexistro de traballo. Documental, galego

Cartel documental de doli, doli..rexistro de traballo
Licenza: CC0

Documental

Ficha técnica

En 1989, cerca de cen mulleres, catro en folga de fame, péchanse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron encerradas gravaron un documental no que contaban o que estaba a suceder, a partir deste material se construe o relato deste documental.

DOLI, DOLI, DOLI…COAS CONSERVEIRAS. REXISTRO DE TRABALLO
(España, 2011)
Dirección e guión: Uqui Permuy. Produción: [sic] Laboratorio audiovisual. Fotografía: Uqui Permuy e Xacio R. Baño. Duración: 63 minutos.

Reflexiono e respondo

  1. Situa nun mapa a Illa de Arousa, averigua cando construíuse a ponte que une á illa con terra.
  2. No documental mencionan que poñían na ficha no apartadado de  actividade: "seus labores", que significa?. Busca que é unha actividade produtiva e non produtiva
  3. A xornada laboral en España está regulada, pódese traballar como máximo 40 horas á semana (sen contar horas extras) cun descanso semanal mínimo de día e medio. En canto excedían as traballadoras da conserveira estes límites?
  4. Que consecuencias ten non ter Seguridade Social?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)