As seguintes tarefas son para descubrir e dar sonoridade a todas esas mulleres que achegaron a súa saber e loita para as seguintes xeracións.
- Unha tarefa individual, para comprobar o que aprendiches da unidade.
- O rosco, que se pode facer tanto individual, como grupal para descubrir a mulleres a través dunha pequena biografía.
- E unha, grupal de elaboración dun calendario temático.
- Lecturas que vos poden inspirar para descubrir a mulleres:
Pioneiras, galegas que abriron camino, 1 e 2. Biografía ilustrada, galego


Sipnose
Para que houbese moitas, nalgún momento tivo que haber unha primeira muller que o fixese, disto fala este libro de mulleres galegas pioneiras no seu ámbito, cada biografía está novelada e ilustrada . Hai mulleres que marcaron un fito na ciencia, pero mulleres anónimas que que fixeron cousas que hoxe serían moi sinxelas de facer, pero no seu momento romperon moldes, anímaste a descubrir as súas vidas?
O curioso mundo de Calpurnia. A evolución de Calpurnia. Novela, galego


Sipnose
Esta historia transcorre en Texas, EE UU, a principios do século XX. Cóntanos a vida dunha nena chamada Calpurnia e a relación que mantén coa súa familia, na que é a única nena. Fálanos de como se debate e como se rebela contra a época na que lle tocou vivir sendo muller. A súa paixón é a ciencia, esta vénlle pola relación que ten co seu avó, antigo biólogo membro da famosa asociación National Geographic Society
Temporada de melocotones. Banda deseñada, castelán

Sipnose
Esta banda deseñada, retrata a vida de tres xeracións diferentes que se dedican a traballar na horta de Valencia, aos poucos vannos descubrindo ás tres mulleres e as diferentes actitudes que toman ante o que vai ocorrendo, dependendo da idade de cada unha, vese tamén a forma de falar de cada xeración, como pasan os seus momentos libres. A novela ten un toque autobiográfico, pois está baseada nas experiencias do escritor, que traballou os veráns nunha conserveira de pexegos para pagarse a carreira.