Saltar navegación

A loita das mulleres

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

Mergullándonos na historia desta celebración, analizaremos dúas loitas de traballadoras galegas: as cigarreiras na Coruña co libro a "Nena lectora" de Manuel Rivas e, as conserveiras na Illa de Arousa, descubrirémolo través do documental" Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo", dirixido e realizado por Uqui Permui.

Tentaremos achegarnos á vida cotiá a través de diferentes colectivos de mulleres, que empezaron traballando para aportar á economía familiar e a súa loita por un emprego digno. Acabaremos mirando ao presente e ao futuro da man das nosas científicas e investigadoras.                                     

lema manifestación
Marta Pollán. Batumeigas (CC BY-SA)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)