Saltar navegación

Indicacións xogos

Nenos e nenas en fila
Pixabay. Nenos e nenas (CC0)

No inicio de cada actividade interactiva aparece un botón de play para escoitar un audio que explica aos nenos e nenas que non saiban ler, como resolver a actividade.

As emocións 

Traballamos mediante este xogo a información non verbal (a expresión das caras). No xogo un primeiro audio explica o que teñen que facer: acertar coa cara que se indica na emoción do segundo audio: choroso, contento, etc. Aparecen varias cariñas como múltiples opcións e se elixen a correcta, aparece unha cariña sorrindo. Se non acertan, a cariña que aparece (no fondo das opcións) será con interrogantes. 

Interpretar as expresións faciais e as emocións que hai detrás delas é algo que facemos inconscientemente, pero non é doado para todo o mundo por igual. Pode completarse o xogo buscando fotos de caras reais co alumnado. Por exemplo, de noxo, de medo...

Podes descargar para diversos usos as cariñas das ras do xogo, e algunha máis, no fondo do menú en "Descargas".

Os números na natureza

É un xogo sinxelo de asoiar unha imaxe dun animal do conto con outra tarxeta na que está o número de patas que ese animal ten. Para coñecer algúns números e lembrar os animais que viron no conto. Os animais son: o cullarapo recente, (cero patas); o cullarapo medrado (catro); o picapeixe (dúas) e a araña (oito).

Ciclo de vida das ras

É un xogo de atención visual e memoria. Para colocar en orde as fases na vida das ras, van vendo tres opcións. Teñen que colocar a foto correcta debaixo do número que indica a fase no crecemento da ra: da 1 á 4:  dos ovos ata a vida adulta.

A vogal viaxeira

É un xogo de encher ocos. Neste caso, falta unha vogal en cada unha das palabras que apareceron no conto. Deben escribir con maiúsculas a vogal viaxeira. Terán que escoller aquela que encaixa na palabra. En caso de ambigüidade, é a palabra que aparece no conto (polo tanto, non será "pEza" senón "pOza". Podemos ter previamente na parede durante uns días as imaxes deste xogo cos seus nomes, para que se familiaricen con eles. E no momento de xogar, tapalas. Hai que ter en conta que a palabra "RÍO" leva acento tamén no xogo.

Vogais abertas e pechadas

Este é un xogo que de seguro hai alumnado ao que lle resultará difícil, mentres que outros o completarán de xeito intuitivo. En gran medida dependerá de se son galegofalantes ou non. Pero nas palabras escollidas, a vogal aberta ou pechada ten un valor fonético: é o que distingue un concepto doutro. Por iso convén que o vaian practicando. Cando acertan, aparece unha cara sorrindo. Cando se equivocan, aparece unha cara con dúbidas e ademais poden escoitar nun audio a pronunciación correcta dese outro concepto. Por exemplo, oso/óso. Se desperta a curiosidade e adestrar o ouvido, o xogo xa terá cumprida a súa función. Non é tan importante dar coa resposta correcta senón practicar. 



Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0