Contiños para despertar versos
Este conto pertence a unha unidade maior formada por cinco audiocontos cos que podes abordar varios dos contidos da túa programación, como a nosa natureza, os alimentos, as cores, etc. Pero tamén contidos de intelixencia emocional e social fundamentais para o benestar e felicidade do neno ou nena.
Cinco audiocontos
Son cinco contos orixinais inéditos:
O pitiño que levaba medio ovo na cabeza.
A pedra Cricriticrí.
O peixe Salva, peito de lobo.
A ra Pipa e o picapeixe que a ensinou a cazar.
A vaquiña Petra.
Menú
No menú de cada conto verás:
-O audioconto.
-O poema-canción. A canción está relacionada co conto (partes da canción están xa integradas no conto para que se vaian familiarizando coa melodía). Aparece o texto, a partitura e un audio da melodía principal.
-Unha versión escrita idéntica ao audioconto. O poema/canción orixinal relacionado co conto. Esta versión non está anotada para que poidas compartila, se queres, coas familias.
-Xogos interactivos para o alumnado.
-Orientacións didácticas para o profesorado.
-Guía didáctica: como traballar con estas cinco unidades.
Didáctica
-A parte didáctica está composta, en primeiro lugar, por unha serie de recomendacións sobre a dinámica a seguir co audioconto e unhas actividades preparatorias ou preliminares. Es libre de modificalas, saltalas, intercambialas dun conto a outro…Pode haber ligazóns que che axuden a desenvolver as actividades.
-Actividades de variada tipoloxía para profundar nos contidos e para gozar co conto. Hai actividades tamén para realizar fóra da aula.
-Indicacións para os xogos interactivos do alumnado.
-Instrumentos de avaliación: para avaliar o alumnado nas actividades e para avaliar tamén a unidade didáctica mesma. Hai rúbricas non só para as actividades dos contidos máis "clásicos" senón tamén dos contidos de intelixencia emocional.
Se valoras a unidade didáctica e o desexas, podes facerme chegar as túas observacións, que serán útiles para futuros traballos ou para a actualización dos presentes contidos: carmencobas@edu.xunta.gal ou carmencovas@gmail.com e quedarei moi agradecida.