Ficheiros adxuntos
Por se resulta útil, podes descargar imaxes empregadas en algunha actividade ou en algún xogo.
1. Fichas recortables para traballar a cortesía. Podes suxerir diferentes situacións comunicativas con estes personaxes para que o teu alumnado as escenifique coas fichas empregando as debidas fórmulas de cortesía. Podes recortalas e pegalas a un cartón ou cartolina. Se lles pegas por detrás un pauciño, serán máis manexables.
2. Fichas sobre información non verbal (xestual) para traballar as emocións. Poderían recortarse e pegarse en cartolinas. Atando unhas gomas ou cintas, e facendo buratos á altura dos ollos, poden ser caretas para escenificar situacións de comunicación para aprender a expresar as propias emocións.
3. Mapa de Galicia orixinal do xogo dos dolmens. Podería empregarse para traballar na clase antes de faceren o xogo.
4. Ficha de seres máxicos galegos para recortar.
5. Audioconto (Mp3).
6. Guía didáctica de "Contiños para despertar versos".