Saltar navegación

Un pouco de Historia...

Imos bailar a París!

Recoñeces a melodía do Ditado 4? 

Retrato a man do compositorÉ o tema principal do Galop infernal do 2º acto, escena 2, da opereta Orfeo nos infernos, unha das obras máis coñecidas de Jacques Offenbach.  

Offenbach foi un compositor e violonchelista, que a pesar de nacer en territorio alemán, sempre se considerou francés; mesmo cambiou o seu nome: Jakob Eberst Offenbach por Jacques Offenbach.
Comezou a estudar música na súa casa, porque a súa familia estaba composta por músicos, pero enseguida marchou a París para continuar os estudos musicais, e xa quedou nesta cidade, onde formou a súa familia (tivo 5 fillos/as), traballou como violonchelista dalgunhas orquestras e onde compuxo as súas obras.

Orfeo nos infernos é unha opereta (que é como unha ópera pero inclúe partes disparatadas con argumentos fantasiosos), que ten 4 escenas. Foi estreada en París en 1858 e é considerada a primeira opereta larga (as outras tiñan só unha escena).


A parte que cantamos, é famosa e coñecida como a  música do "Can-can". Saint-Saëns tomou prestado o Galop: fíxoo máis lento e arranxouno para cordas, representando a tartaruga na obra O entroido dos animais.