Saltar navegación

As cadencias

As cadencias

Ao igual que na linguaxe escrita temos signos de puntuación, como os puntos, as comas, etc., na música tamén temos uns recursos que nos permiten articular as frases musicais e déixannos deducir se a música continúa ou se xa é o final; axúdannos a comprender mellor unha obra.


Estes recursos reciben o nome de cadencias, e sempre se identifican pola relación dos graos de dous acordes, que marcan o final da frase, período ou sección. 


Hai diferentes tipos e neste cadro podedes ver a comparación cos signos da linguaxe escrita para que sexa máis sinxelo de comprender. 

Auténtica (punto e final do conto V-I); Imperfecta (punto e final do parrágrafo V-I en investimento; Plagal (punto e seguido IV-I); Semicadencia ( coma IV-V); Rota (punto e coma V-VI)

Algún exemplo de cada unha: 

Cadencia Auténtica

Dous acordes, V-I  


Cadencia Plagal

Dous acorde, IV-I 


Semicadencia

Dous acordes, VI-V 


Cadencia Rota

Dous acordes, V-VI