Saltar navegación

A forma musical

Comezamos!!!

Unha negra animada cun sorrisoXa case estamos chegando ao final, e non podemos rematar sen saber como se constrúe unha obra. Moitas das partes que a conforman, como os acordes, as escalas, as notas estrañas,..., xa as estivemos traballando. Agora é a quenda da propia estrutura e outras cousiñas que iremos descubrindo, como as cadencias. Que serán?

A que todas/os sabedes o que é un síncope? E o puntiño? Pois imos traballar con eles pero noutras versións un pouquiño máis complexas, seguindo cos mesmos compases.

E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todos/as xuntos/as. Unha delas levaranos ata o cabaré do París de 1840. Preparados para botar uns bailes?

Imos aló!