Saltar navegación

Deseños rítmicos

O dobre puntiño e o síncope

Sabemos que é un puntiño, verdade? É un signo de prolongación, un punto que se coloca á dereita dunha figura ou silencio e engádelle a metade do seu valor. 

Branca con puntiño igual a branca e negra ligadas; negra con puntiño igual a negra e corchea ligadas


O dobre puntiño é o mesmo: un signo de prolongación que consiste en dous puntos, no que o segundo engádelle a metade do valor do primeiro puntiño. 

Branca con dobre puntiño igual a branca, negra e corchea ligadas; negra con dobre puntiño igual a negra, corchea e semicorchea ligadas.



O síncope é unha figura que se prolonga da parte débil á forte do compás, provocando un cambio de acento. 

corchea, corchea ligada a corchea e corchea é igual a corchea, negra e corchea; 4 semicorcheas ligadas as do medio é igual a semicorchea, corchea e semicorchea



O síncope dobre une dúas desas figuras continuas. 

6 corcheas, ligadas as 2-3 e 4-5 é igual a corchea, dúas negras e corchea.