Saltar navegación

Quecendo motores!

Quecendo motores!

A estas alturas do curso, xa temos moi claro que antes de comezar a cantar temos que quentar a nosa voz. Hoxe imos a repasar algúns dos exercicios de articulación e vocalización.

Imos centrarnos nas vogais e na colocación da boca na súa pronunciación: vogais que provocan tensión horizontal (a, e, i) e vertical (o, u). A posición da boca cambia para poder pronuncialas correctamente. Fíxate nos debuxos. 

Neno coa boca aberta con frechas que indican a dirección da mesma coas vocais a e i                         Nena coa boca en posición das vocais o u coas frechas que o indican

Comezamos pois cos exercicios:

Xogos vocais falados

- pronunciaremos cada unha das vogais coa correcta posición da boca e os beizos, como no debuxo, e xogaremos coa intensidade, indo de pp a ff e viceversa, ou facendo ondas. 

- empregaremos frases nas que se diferencien as vogais con tensión horizontal e vertical e teredes que inventar algunhas para facelas entre todas/os:

Tensión horizontal: Queda quieta! A estrela que vén! Síguea!

Tensión vertical: Luz como o sol! Soñou co sol! Collo o coco, rómpoo!

- as mesmas frases, farémolas con distintos ritmos sen cantar; un exemplo será o que segue, pero teredes que inventar un diferente e farémolo xuntas/os:

A estrela que vén  

Collo o coco e rómpoo    

 

- podemos traballar tamén as consoantes máis sonoras como o m ou o p combinadas coas vogais: mam, mem, mum, pam, pim,... Repetimos cada unha e alongamos o son para sentir como ecoa a nosa cara.



Xogos vocais cantados

- cantaremos sobre unha mesma nota as frases do apartado anterior, seguindo a mesma orde.      

Sobre a nota La  
     

Sobre a nota MI   


Agora imos coa vocalización con
 estes exercicios: 

- coa formación de arpexio en distintas notas, subindo e baixando cromáticamente, farémolo con sílabas como na, ma, ni, pi,...

Arpexio ascendente cromaticamente


- faremos o mesmo pero con outras secuencias melódicas como:

Distintas secuencias melódicas


- para rematar, faremos a escala, ascendente e descendente, con distintas sílabas: 

Escala de Do