Que é a forma musical?
A forma musical é a estrutura segundo a cal están organizadas as ideas musicais.
A forma dunha obra ten distintos elementos que a conforman, sendo o eixe a frase musical.
Que é unha frase musical?
Cando facemos un ditado, se vos fixades, estamos escoitando unha frase musical. Unha idea cun comezo e final que ten unha estrutura prefixada de 8 compases.
Así que, unha frase musical é unha idea musical con sentido propio.

Segundo o número de frases que constitúen un fragmento podemos ter diferentes formas:
- Primaria: unha frase.

- Binaria: dúas frases.

-Ternaria: tres frases.

E poderiamos seguir, pero para obras máis grandes deixamos a un lado as frases e empregamos outros elementos, como Sección ou Período.
Para marcar as frases sempre empregaremos letras por orde alfabética, en maiúsculas, como A, B, C,... e se se da o caso de que dúas frases son similares empregaremos A´, B´,...

