Boomwhackers
Os tubos sonoros, tamén coñecidos como boomwackers en inglés, son uns intrumentos musicais modernos que exemplifican á perfección a relación entre as matemáticas e a música. Deseguido entenderemos o porqué! Primeiro prestade atención a imaxe durante un pouco de tempo, e despois resolveremos algunhas cuestións. Para facelo podedes recurrir a unha sesión de debate en grupo ou foro de participación, ou simplemente pensar antes de ollar as respostas cada unha das preguntas que se presentan en función da vosa opinión. Preparados/as? Pois comezamos!
Soarán todos os tubos do mesmo xeito?
RESPOSTA
A resposta é que non, cada tubo que vedes soa diferente a outro e os diferenciamos de forma visual dependendo da súa cor.
Inflúe entonces a cor na súa sonoridade?
RESPOSTA
Para nada, a cor é un mecanismo que temos para diferencialos rápidamente un dos outros, pero o feito de que un tubo sexa dunha cor non quere dicir que soe de maneira distinta se o pintamos de outra.
Que é o que realmente condiciona o seu son?
RESPOSTA
Pois como estivemos vendo ata agora, as matemáticas condicionan de forma directa os instrumentos musicais. Neste caso tódolos intrumentos teñen o mesmo diámetro (tamaño da circunferencia do tubo) e están fabricados no mesmo material (plástico), polo que o único factor que varía e a súa lonxitude.
Como afecta a lonxitude no seu rexistro (grave ou agudo)?
RESPOSTA
Como acontece co tamaño dos instrumentos que xa coñecemos, canto máis longo sexa o tubo máis tamaño terá, e polo tanto o seu rexitro será máis grave. Pola contra se o acurtamos, estaremos conseguindo un rexistro máis agudo.
Desta maneira, xogando coa súa lonxitude, podemos afinar os tubos e conseguir que imiten o son das notas da escala musical. Na seguinte imaxe podedes ver a correspondencia entre os tubos sonoros e as notas da escala empregando o código de cores.