Saltar navegación

Árbore xenealóxica

Relación de familia: o timbre

Árbore
Clker-Free-Vector-Images. Árbol de familia (CC BY)

Semella unha tolería, pero tal e como acontece coas persoas, os instrumentos musicais tamén pertencen a unha familia determinada, e incluso ocupan unha posición dentro da mesma atendendo á relación que manteñen cos demais membros. Na actividade anterior aprendemos a clasificar os instrumentos musicais en función do seu rexistro, que podía ser grave ou agudo, e tamén chegamos a conclusión de que o seu tamaño influía moito no son que producen. Pois ben, desta volta imos estudar a clasificación dos instrumentos en función dos materiais que producen o son

Inflúe o material dun instrumento no son que produce?

A resposta é moi breve: si. Como é de agardar cada material transmite o son dunha maneira determinada, xa que as vibracións que forman as ondas sonoras non avanzan do mesmo xeito pola madeira, o plástico, o metal ou o vidro. Algúns materiais como a cortiza case non deixan avanzar o son (por iso son empregados para illar acústicamente) mentres que outros como o metal teñan unha boa capacidade para conducir as vibracións producidas polo son. Podemos facer unha pequena proba golpeando un mesmo obxecto con materiais distintos, e veremos de primeira man como varía o son.

Pero ollo! Non é ouro todo o que reluce...

Para clasificar correctamente os instrumentos por familias deberemos fixarnos en cal é o material que produce o son nun comezo, é dicir, cal é a orixe das vibracións que despois iranse intensificando. O certo é que existen algúns instrumentos impostores que están agochados en familias que aparentemente non lle pertencen, porque o seu corpo está construído nun material pero a forma na que se orixina o son é outra. Non os perderemos de vista!

No seguinte vídeo podedes ampliar coñecementos sobre as diferentes familias de instrumentos musicais. Prestade especial atención ós intrumentos da familia de vento, xa que nun momento teremos que responder a algunhas preguntas da seguinte actividade para descubrir cal é o instrumento impostor!

Gamificación GSD. Familia de instrumentos musicales para alumnos de 5º y 6º de primaria (CC BY)



Problemas de familias

Violonchelo
Brgfx (Freepik). Violonchelo y notas musicales en segundo plano (CC BY)

Agora que despois de ver o vídeo controlamos mogollón, imos por a proba os nosos coñecementos sobre todo o aprendido no eido das familias instrumentais! Na seguinte actividade atoparemos un texto no que faltan palabras, e deberemos encher cada oco coa palabra axeitada. Se tedes dúbidas, podedes reproducir o arquivo de audio cunha demostración de como soa cada instrumento. Imos aló!

FAMILIA DE CORDA

A primeira das familias é a do afamado violín. Os membros desta familia tócanse empregando un aparello para fretar as cordas do instrumento, chamado . Xeralmente está feito de madeira e a parte que roza as cordas adoitan ser crinas de pelo de cabalo. A súa árbore xenealóxica quedaría do seguinte xeito:

  1.  O é o de maior tamaño, tócase de pé e é considerado o avó do violín. 
  2. Despois vén o , coñecido pola súa pica (vara de metal que o sostén contra o chan). 
  3. A é a irmá maior do violín, de rexistro un pouco máis grave. 
  4. Finalmente, o é o membro máis pequeno, afamado polo seu virtuosismo e rapidez.  

Violin

Macrovector (Freepik). Orquesta sinfónica con violines de orquesta (CC BY)

FAMILIA DE VENTO

Trompeta
Clker-Free-Vector-Images. Bugle instrumento música latón (CC BY)

É unha familia moi poderosa pola súa potencia de son, xa que este material conduce moi ben as vibracións.  O corpo destes instrumentos componse dunha serie de tubos polas que circula o aire; a parte que está en contacto coa boca recibe o nome de , mentres que a parte final chámase debido a súa forma tan característica. A súa árbore xenealóxica quedaría do seguinte xeito:

  1. A é o instrumento da familia que presenta o rexitro máis grave, e polo tanto a máis grande.  
  2. A é un instrumento moi curioso pola súa forma circular, que semella a trompa dun elefante enrolada. Emite un son profundo e directo, por iso é un recurso habitual nas bandas sonoras de películas.  
  3. O   é famoso porque ten a capacidade de estirarse e encollerse dependendo das necesidades do intérprete e a música que precise tocar.
  4. Por último, o posto estrela lévao a , o instrumento máis pequeno e polo tanto co rexistro máis da familia, presente en multitude de xéneros musicais. 
Vento metal
TaxusMan. Instrumentos de viento metal (CC0)

FAMILIA DE VENTO

Xunto coa familia de vento metal, son as dúas árbores xenealóxicas que engloban todos os instrumentos de vento. Pero nesta familia temos unha serie de impostores que trataremos de desenmascarar. Polo xeral todos os membros desta familia teñen o seu corpo contruído en madeira, e producen un son cálido e delicado. Sen embargo, existen dous instrumentos que a pesar de estar fabricados en metal considérase que poden pertencer a esta familia, aínda que a súa incorporación na historia foi bastante recente.

O é o primeiro dos impostores, porque aínda que ten un corpo con forma de "S" que semella ouro brillante, precisa dunha pequena peza de madeira no interior da súa boquilla para producir as vibracións co paso do aire, polo que é considerado como instrumento de vento madeira. Moi empregado en xéneros musicais como o jazz, o funky ou a música latina. Soa así:

SaxofónClker-Free-Vector-Images. Saxofón instrumento (CC BY)

O segundo impostor é a , que recibe este nome pola forma tan peculiar que o instrumentista ten de tocala, como o seu nome indica de maneira atravesada (cara un lado). Ten un son especialmente doce, e semella ser de prata pola súa cor. Escoitade como soa:

Frauta
Clker-Free-Vector-Images. flauta-música-clásico-jazz (CC BY)






Habilitar JavaScript

Quen anda aí?

Duración:
00:15
Agrupamento:
Ilimitado
Samurai
Pikisuperstar (Freepik). Ilustración de máscara de samurai (CC BY)

Nesta pequena actividade comprobaremos de primeira man a importancia que ten o timbre na música, xa que grazas a esta calidade do son podemos diferenciar instrumentos, voces ou incluso os ruídos que provocan determinados obxectos.  Para levalo á práctica imos contextualizar un pouco a tarefa, así que seguide lendo!

INSTRUCIÓNS- "Quen anda aí?"

PASO 1

Preparamos a actividade

Para realizar esta actividade non precisaremos material determinado, simplemente as nosas voces e por suposto afinar os oídos! A agrupación dos participantes será individual, e a cada persoa asignaráselle un lugar diferente na aula do que está afeito a empregar. A disposición no espazo deberá ser ordenada e con distancia suficiente para que un participante poida chegar a outro para escollelo sen dificultade.

PASO 2

 Asignamos os roles 

Unha vez que temos todo preparado, deberemos establecer os roles dos participantes. Neste xogo diferenciamos dous tipos:

Mestre/a ninja: será a persoa encargada de escoller ó samurai (en segredo) e tamén de preguntar despois ó resto de participantes.

Samurai: seleccionado polo/a mestre/a, é a persoa que emite o son.

PASO 3

Dinámica de xogo

O primeiro que deberemos de ter claro é a figura doa mestre/a ninja. Unha vez escollida esta persoa, pode comezar o xogo!

  1. Para comezar todos os participantes deberán permanecer sentados no seu sitio e pecharán os ollos inclinando a cabeza para tapalos coas mans. Tamén poderemos empregar algún sistema para tapalos como unha máscara ou similar.
  2. Con todo en silencio e os participantes sen poder mirar, o/a mestre/a ninja deberá escoller ó seu samurai, e para facelo terá que desprazarse ata onde se atope sen facer ningún ruído e tocarlle na cabeza coa man. Soamente o/a mestre/a ninja coñecerá a identidade do seu samurai, que a partir dese momento poderá abrir os ollos.
  3. Cando o/a mestre/a ninja se separe, fará un pequeno xesto para que o seu samurai diga en alto a palabra "Konnichiwa" (o equivalente a hola en xaponés). Despois de dicilo, volverá a pechar os ollos e permanecerá agochado.
  4. Unha palmada do/a mestre/a ninja fará que todos os participantes esperten e abran os ollos.
  5. O/a mestre/a ninja escollerá a persoa que ten que adiviñar quen é o seu samurai. Soamente teremos un intento, e de non ser correcta a resposta será a quenda para que outra persoa o adiviñe. 
  6. O samurai será o/a mestre/a ninja na seguinte quenda.

E sen máis preámbulos....  a xogar!