Saltar navegación

O rei da selva

A canción do león

Duración:
00:30
Agrupamento:
Ilimitado
León
Estefano (Pixabay). Música león zoológico (CC BY)

Por todos é coñecido ao león como o rei indiscutíbel da sabana africana... pero nada máis lonxe da realidade! O certo é que este felino pasa a maior parte do día durmindo longas sestas, en especial despois do xantar. Pediríavos que non o despertedes polo que poida pasar, pero na seguinte actividade faremos tanto barullo que non lle quedará outra que unirse á festa! A canción que aprenderemos chámase "Durmido está o león". Aquí tedes toda a información.

DOTACIÓN INSTRUMENTAL

Para poder levar a práctica esta actividade precisamos a instrumentación propia da orquestra escolar Orff, detallada a continuación:

  • Frauta doce
  • Tubos sonoros (ou xilófono contralto no seu defecto)
  • Xilófono baixo
  • Axóuxeres
  • Maracas
  • Temple blocks (ou caixa chinesa)

A TOCAR!

INDICACIÓNS ORQUESTAIS

PASO 1

Preparamos os instrumentos 

O primeiro que debemos saber antes de tocar todos xuntos é a repartición de roles de traballo, que dependerán do instrumento que escollamos. No caso dos tubos sonoros (ou no seu defecto o xilófono contralto), xogarán un papel moi importante xa que serán os encargados de formar os acordes musicais de acompañamento. Cada persoa soamente pode tocar un tubo, polo que precisamos de sete persoas para poder interpretar a peza empregando estes instrumentos. Deberán tocar todas a un mesmo tempo e sincronizadas, de forma que os golpes se axusten ao tempo o máximo posíbel. 

Antes de comezar deberemos coñecer as notas que forman cada acorde, que se amosan a continuación no seguinte documento (pictograma):

Pictograma- Tubos sonoros
Iván Suárez. Durmido está o león (pictograma) (CC BY)

PASO 2

Coñecemos a partitura

Neste epígrafe podedes atopar cada unha das voces que ten a canción, especificando o instrumento que interpreta cada unha xusto ao comezo da partitura. Tamén podedes reproducir o seu arquivo de audio para comprobar como soa a continuación.

Partitura- Durmido está o león (adaptación)
Iván Suárez. Partitura- Durmido está o león (adaptación) (CC BY)
Iván Suárez. "Durmido está o león" (audio) (CC BY)

PASO 3

Cantamos a súa letra

Unha das partes máis coñecidas, sen dúbida é a súa letra (que de seguro recordaredes da película de Disney). No seguinte documento podedes refrescar a vosa memoria!

Durmido está o león (letra)
Iván Suárez. Durmido está o león (letra) (CC BY)

PASO 4

Practiamos todo xunto!

Chegados ata este punto, que coñecemos a letra e xa temos asignados os instrumentos e os roles de traballo, soamente queda tocar! Como referencia tedes a continuación un vídeo no que podedes observar o avance do tempo musical na partitura para que non vos despistedes!

Vídeo de seguimento da partitura
Iván Suárez. "Durmido está o león" (adaptación) (CC BY)

Maestro

Clker-Free-Vector-Images. Maestro orquesta (CC BY)