Saltar navegación

Ciencia musical

As matemáticas e a música

Cerebro
Macrovector (Freepik). Concepto de cerebro izquierdo derecho (CC BY)

Coñecido é que as matemáticas son unha ciencia exacta, e o certo é que teñen gañada esta fama a pulso. Isto quere dicir que é unha disciplina obxectiva, na que os seus resultados non admiten interpretacións posíbeis unha vez resoltos; así non cabe lugar a dúbidas cando plantexamos a suma 2 + 2... de seguro que todos coincidiremos no seu resultado (se non nos trabucamos polo camiño). Pois ben, existen outras disciplinas, xeralmente englobadas dentro do ámbito das artes, que permiten un pouquiño máis de xogo na interpretación dos seus contidos. Isto é o que acontece coa música, xa que factores como a cultura, a localización xeográfica, ou simplemente os nosos gustos persoais poden condicionar se unha deteminada canción nos gusta ou non, se preferimos escoitar un violín ou un piano, ou mesmo que estilo de música é o noso favorito. Desta maneira unha mesma canción pode transmitir sentimentos contraditorios en función da persoa que escoita, pero dalgunha forma como sociedade temos asociados xéneros musicais concretos a accións determinadas (a ninguén se lle ocorrería reproducir música heavy metal nunha misa ou unha marcha fúnebre nunha festa). Estades de acordo?

O máis curioso da música é que aínda que o resultado depende en boa parte da persoa que escoita, en realidade a matemática é insdispensábel para a construción dos instrumentos, o emprego da linguaxe musical (valores das figuras) ou o tratamento das ondas sonoras. Sen afondar demasiado, na primeira parte desta unidade centrarémonos en coñecer a relación entre as matemáticas e a música, e como a pesar de ser ciencias tan diferentes poden convivir cunha boa relación.

Non perdades ollo!