A linguaxe musical e o ritmo
- Duración:
- 00:15
- Agrupamento:
- Ilimitado
Na unidade didáctica anterior (UD4) falabamos da importancia que ten a linguaxe musical, e da súa similitude coa nosa lingua. Pois ben, aproveitando o aprendido nesta unidade sobre a percusión e o uso do noso propio corpo como instrumento, imos a mesturar ámbalas dúas cousas na seguinte proposta didáctica.
Trátase dun ritmograma, unha metodoloxía baseada no emprego de ilustracións que simbolizan cada un dos ritmos que deberemos interpretar. Alternaremos a voz coa percusión corporal, e no propio vídeo atoparedes indicacións precisas sobre como tocar, ou que parte do corpo empregaremos en cada caso.
De maneira orientativa podemos apuntar algunhas pequenas cuestións antes de comezar:
PRIMEIRA PARTE
SÍLABAS RÍTMICAS
Na primeira parte do xogo soamente empregaremos a voz, e atoparémonos con varias iconas que simbolizan as distintas figuras da linguaxe musical. A diferenza entre elas ten que ver co número de golpes de voz que leva cada unha.
- Pal-mas: ten dúas sílabas, polo tanto o seu ritmo corresponderase coa figura musical "ti-ti" (parella de corcheas nun mesmo pulso).
- Pé: presenta unha sílaba, e a súa figura musical asociada é "ta" (unha negra).
- Ca-be-ci-ña: suma un total de catro sílabas, polo que a súa figura asociada da linguaxe musical son catro semicorcheas "tiri-tiri" (un pulso).
- Silencio: terá a duración dun pulso, faremos "shh" coa boca.
SEGUNDA PARTE
PERCUSIÓN CORPORAL
Na segunda parte do vídeo, as iconas que coñecíamos iranse substituíndo por unhas variacións das mesmas; serán de cor azul e estarán dentro dun cadrado. O que indicará que neste caso deberemos interpretalas empregando percusión corporal, pero mantendo o número de golpes de voz (que agora faremos percutindo coa parte do corpo que nos indica).
- Palmas: daremos dúas palmadas a ritmo de corcheas "ti-ti".

Freepik. Fondo aplauso plano colorido (adaptación) (CC BY)
- Pé: pisaremos con forza no chan, unha vez e a ritmo de negra "ta".

Macrovector (Freepik). Piernas femeninas corriendo (adaptación) (CC BY)
- Cabeciña: tocaremos a cabeza coas mans de forma alterna (dereita e esquerda) seguindo o ritmo de semicorcheas "tiri-tiri".