Saltar navegación

Movemos o esqueleto!

O ritmo das mans

Nenos tocando
Brgfx (Freepik). Tambor con muchos niños felices y símbolos de melodía en mancha azul (CC BY)

Como o prometido é débeda, agora toca crear a nosa propia coreografía empregando soamente percusión corporal.

Atoparedes a continuación un vídeo interactivo, no que aparecen todas as indicacións para poder avanzar polas diferentes plataformas e aprender a coreografía pouco a pouco. Iso si, prestade atención para responder correctamente as preguntas que se van sucedendo!

Antes de comezar, precisaremos ter en conta alguhas cuestións:

  • Para elaborar a coreografía empregaremos as nosas mans, polo que é recomendábel situarse nun lugar onde poidamos traballar sentados e percutir ao mesmo tempo, como unha cadeira con pala ou pupitre de forma individual. 
  • O ideal é proxectar o vídeo nunha pantalla ou PDI, xa que deste xeito será máis sinxelo apreciar os movementos a seguir.
  • Traballaremos en gran grupo, e aínda que a coreografía está deseñada para ser interpretada por dous equipos nunha dinámica de pregunta e resposta, tamén se pode levar a práctica individualmente.

Sen máis preámbulos... velaquí tedes o vídeo!

Coreografía de percusión corporal

mp4

Cambiamos de aires!

Pregunta

Unha vez que xa temos dominada a coreografía anterior, é momento de subir un pouco o listón! Nesta tarefa faremos un experimento un tanto arriscado... combinar a coreografía con diferentes estilos de música para levar o ritmo! Desta maneira poderemos apreciar o resultado actuando como acompañamento rítmico en diferentes xéneros musicais. 

Para conseguilo debemos ter en conta os seguintes pasos:

1º- Primeiro paso

Preparados...

Identificar o pulso da canción, é dicir, o latexo da música que estamos escoitando. Podémolo marcar cos pés ou as mans de maneira previa a empezar a coreografía.

2º- Segundo paso

Listos...

A coreografía será igual a que xa coñecedes, coas mesmas partes e respectando o seu esquema rítmico para non trabucarnos. Unha persoa do grupo será a encargada de dar a entrada para sincronizarnos e empezar a tocar todos xuntos!

3º- Terceiro paso

Xa!

Podemos repetir a coreografía en bucle tantas veces como desexemos coas diferentes cancións... pero tede en conta que algunhas van máis rápido que outras e deberemos ir todos a un tempo! 

No seguinte vídeo de demostración podedes ver como queda a coreografía mesturada cunha base musical.

Iván Suárez. Vídeo demostración (CC BY)

A continuación atoparedes os diferentes arquivos de audio para reproducir. En cada un deberedes identificar o xénero musical ao que pertence. Escollede o estilo que máis vos guste!

**Lembrade que na retroacción unha vez comprobadas as respostas, as opcións que non risquemos tamén aparecerán como selección correcta se non tiñamos que facelo, o que significa que fixemos ben en non marcalas. Polo tanto, a pregunta estará ben ao completo se se amosa selección correcta en todas as opcións.  Moita sorte!

ACOMPAÑAMENTO 1

Este é o primeiro audio para acompañar a coreografía:

AUDIO 1
No Copyright Audio Library. Quincas Moreira | Disco Knights

Respostas

Música hip-hop

Música funky (dance electrónica)

Música clásica

Retroalimentación

Pregunta


ACOMPAÑAMENTO 2

Este é o segundo audio para acompañar a coreografía:

No Copyright Audio Library. RKVC | American Idle

Respostas

Rock and roll

Música electrónica (DJ)

Música tradicional ou popular

Retroalimentación

Pregunta

ACOMPAÑAMENTO 3

Este é o terceiro audio para acompañar a coreografía:

AUDIO 3
No Copyright Audio Library. Slynk | Earth Bound

Respostas

Música reggae

Música heavy metal

Música folclórica

Retroalimentación