Saltar navegación

O noso propio son

O instrumento agochado

Puzzle corpo
Rawpixel (Freepik). Personas conectando piezas de rompecabezas de una cabeza juntos (CC BY)

Comezamos esta estupenda viaxe, na que dedicaremos algo de tempo a reflexionar primeiro sobre a importancia que ten un instrumento que, en ocasións, pasa desapercibido de maneira inxusta. O certo é que este instrumento do que falamos ten moitísmo potencial agochado, ten multitude de pequenas partes e no seu conxunto resulta unha mágoa desaproveitalo. Aínda non sabedes de que instrumento estou a falar? Pois na seguinte actividade deberedes descubrilo... usando a vosa cabeza!

Resolvemos o misterio

A continuación atoparemos unha serie de preguntas, cada unha delas ten relación co instrumento que estamos a buscar e vainos falando das súas partes. Iremos xuntando todas a información obtida para chegar a conclusión final de que instrumento se trata!

Unha vez contestada, picade en comprobar para obter a resposta correcta de cada adiviñanza:

Velaquí tedes unhas pequena pistas:

1º PRIMEIRA ADIVIÑANZA

"Unha señora, moi señorona, sempre vai en coche e aínda así sempre vai empapada!"

Resposta:

2º SEGUNDA ADIVIÑANZA

"Non hai ningún día do ano en que poida descansar; sempre no peito cantando ando, con meu ritmo tic-tac."

Resposta:

3º- TERCEIRA ADIVIÑANZA

"Só tres letras teño pero o teu peso manteño. Se me tratas con cuidado, levareite a calquera lado"

Resposta:

4º CUARTA ADIVIÑANZA:

"Ao final dos brazos están as mans, e ao final dos dedos nos atoparás"

Resposta:

Habilitar JavaScript