A danza dos sete saltos
- Duración:
- 00:30
- Agrupamento:
- Ilimitado

Rawpixel (Freepik). Arte creativo doodle vector concepto de artista de bricolaje (CC BY)
"Seven Jumps", ou tamén coñecida como "A Danza dos Sete Saltos" é unha obra popular orixinaria de Dinamarca, aínda que tamén moi bailada no norte da nosa península. Como o seu nome indica, a súa estrutura vai a estar marcada por estes pequenos "saltos" que iremos atopando no camiño. A vosa misión será descifrar a estrutura desta peza, e para iso empregaremos un MUSICOGRAMA, que como xa sabedes, consiste en asociar cada unha das partes musicais cun símbolo ou imaxe que iremos completando a medida que escoitemos a canción.
Desta forma, o noso debuxo avanzará en función do camiño que determine a música, e cando remate o son o que teremos diante será a súa estrutura por arte de maxia! Para realizar a actividade precisamos os seguintes materiais:
- Folla en branco e lapis ou cores (no caso de facer o debuxo a man)
- Un programa informático para debuxar ou unha PDI (no caso de facer o debuxo en formato dixital)
E agora si, sen máis dilación, podedes reproducir a canción mentres confeccionades a vosa obra de arte!
Podedes botarlle un vistazo ó seguinte musicograma, no que se amosan as diferentes partes que se van sucedendo na peza mentres escoitades a canción!