6.4.- Creamos un xogo?
Exemplo: Exercicios de App Inventor
Nestes primeiros exemplos incluímos varios exercicios para realizar con App Inventor e explorar as súas posibilidades. Forman parte do Blog TIC de 1º BACHILLERATO de Alberto Fuentes.
Embebemos esta entrada do blog a continuación.
Exemplo: Flappy Bird
Este titorial de Juan Antonio Villalpando incluído na páxina Web KIO4.COM que presentamos, explica algunha das posibilidades para crear un xogo deste tipo con App Inventor.
Acceso ao titorial Flappy Bird de KIO4.COM: http://kio4.com/appinventor/42flappy.htm
Exemplo: Space Invaders
Presentamos agora un titorial para crear un típico xogo de naves. Está elaborado polo Departamento de Tecología do Col·legi Frangoal.
Acceso ao titorial Space Invaders: http://www.frangoal.com/tecno/tecnologia/opcionals/informatica_4/mSCHOOLS/appinventor/PRACTICA7.htm
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0