Saltar navegación

6.1.- Para comezar

Botón cun icono formado polo debuxo dun móbil e engrenaxes .
ivke32 en Pixabay. Icon (CC0)

Quizais, o maior número de obxectos dixitais programados que empregamos habitualmente son as aplicacións para teléfonos intelixentes (Smartphones) ou tabletas (tablets). Cada vez máis, empregamos estes dispositivos para un montón de tarefas, para entretemento, etc. Non está de máis entón coñecer como se programan estas aplicacións. E o veremos concretamente coa ferramenta App Inventor que nos permite programar aplicacións para dispositivos móbiles (app) de forma gráfica e sinxela.

Obxectivos

  • Coñecer as características das aplicacións deseñadas para dispositivos móbiles.

  • Explorar as posibilidades que nos brinda a plataforma "AppInventor".

  • Ser quen de programar unha pequena "app" operativa.