Saltar navegación

6.2.- A ferramenta: MIT App Inventor 2

Logotipo da plataforma MIT AppInventor
Massachusetts Institute of Technology. Logo MIT App Inventor (CC BY-SA)

MIT App Inventor é unha ferramenta de programación desenvolvida por Massachusetts Institute of Technology (MIT) para facilitar o proceso de creación de aplicacións funcionais para sistemas operativos Android, e o seu funcionamento en smarthphones e tablets.

A ferramenta emprega unha interface Web na que se desenvolve a aplicación, mediante programación por bloques, similar ao programa Scratch. Tamén se emprega unha Companion App, ou aplicación compañeira, na que se visualiza en tempo real as modificacións que se realicen na interface Web.

Logotipo do sistema Android

Google Inc. en Wikimedia CommonsAndroid robot (CC BY-SA)

Android é un sistema operativo baseado en Linux que está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.

Android”, Wikipedia, a enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Android&oldid=4617367. [Consulta: 16-xaneiro-2018].