Saltar navegación

6.3.3.- Configuración e envío ao dispositivo

Podemos compartir a nosa aplicación nun formato executable (.apk) que se poida instalar nun dispositivo ou en un código fonte (.aia) que se poida cargar en App Inventor. Tamén podemos distribuír a nosa aplicación na tenda de Google Play.

Compartimos a nosa aplicación para que os demais poidan empregala (ficheiro .aia)

Seleccionamos o proxecto que desexamos compartir marcando a caixa ao seu carón. Escollemos Proyectos - Exporta a mi ordenador el proyecto (.aia) seleccionado. O código fonte descárgase nun ficheiro .aia. (Premer sobre a imaxe para vela a maior tamaño)

Padazo de ventá de Appinventor coa listaxe de proxectos e coa selección "Proyectos - Exporta a mi ordenador el proyecto (.aia) seleccionado".seleccionar como
Manuel Torres Búa. Exportar proxecto aia. (CC BY-SA)

Pódese volver a abrir mediante Proyectos - Importar proyecto (.aia) desde mi ordenador.

Compartimos a nosa aplicación para que outros a poidan instalar no seu dispositivo Android (ficheiro .apk)

Empaquetamos aplicación (ficheiro .apk) indo ao menú Generar na barra de ferramentas de App Inventor.

Seleccionamos App - (generar archivo .apk en mi ordenador). Unha caixa emerxente debería avisarnos de que a túa descarga comezou. (Premer sobre a imaxe para vela a maior tamaño)

Anaco da ventá de proxectos cun deles seleccionado e despregado o menú "Generar".
Manuel Torres Búa. Xerar apk (CC BY-SA)

A outra opción sería App - (guardar código QR para el archivo .apk). Produce un código QR escaneable que descargará a aplicación durante dúas horas. Podes compartir este código cos demais, pero deberán usalo dentro de 2 horas desde a súa xeración.

Unha vez que a construción se completou, pódese compartir con calquera.