Saltar navegación

6.3.2.- O Editor de bloques

Unha vez que temos creada a interface da aplicación, a programación como tal ímola realizar co Editor de Bloques. Cos bloques controlamos o comportamento dos obxectos deseñados. Cada compoñente ten asociado un conxunto de bloques propios que se poden complementar con bloques de uso xeral.

Para acceder aos bloques prememos no botón Bloques, como indica a imaxe. Premendo ademais na imaxe, podemos ver o menú bloques cos diferentes tipos de Bloques que temos.

Anaco de ventá da aplicación Appinventor onde está sinalado o botón "Bloques".
Manuel Torres Búa. Botón Bloques e Menú Bloques (CC BY-SA)

Tipos de Bloques

Os bloques en App Inventor agrúpanse nas seguintes categorías. (Premer)

Control

Estes Bloques de Control permiten controlar o que ocorrerá na pantalla da nosa aplicación, os fluxos  condicionais e os de repetición

Lógica

Os bloques de Lóxica empréganse para comprobar condicións lóxicas. Estas condicións poderán ser verdadeiras ou falsas.

Matemáticas

Cos bloques de Matemáticas podemos introducir elementos de operacións matemáticas no programa.

Texto

Os bloques de texto permiten realizar operación con cadeas de texto.

Listas

As listas empréganse para almacenar diferentes valores nunha mesma variable.

Colores

Os bloques de cor utilízanse para mellorar o aspecto das interfaces das aplicacións que creemos mediante a escolla de cores de fondo, texto, etc.

Variables

As variables decláranse ao establecer o seu valor por primeira vez. Ás variables podemos asignarlle calquera bloque que encaixe.

Procedimientos

Os bloques de procedementos permiten concatenar varias accións ao activar un detonante: premer un botón, período de tempo especificado,…

Para saber máis

O seguinte vídeo axuda a comprender o funcionamento do Editor de Bloques de App Inventor.