Saltar navegación

6.3.1.- Ferramenta Deseño

Para crear a interface de usuario mediante o deseño, podemos facer uso de distintos elementos, desde botóns e cadros de texto, a elementos que modifican a forma en que os elementos visuais se colocan en pantalla. (Premer sobre o botón para ver as opcións do menú Interface).

Botón "Interfaz de usuario"

Para incluír elementos en App Inventor só teremos que buscar o que queremos incluír na aplicación e arrastralo na pantalla Visor, pero hai certos elementos que nos facilitarán crear unha interface mellor, como os elementos Disposición. (Premer sobre o botón para ver as opcións de disposición)

Botón "Disposición"

Imaxes: Manuel Torres Búa. Menú interface de ususario e Menú disposición. (CC BY-SA)

Disposición

Os elementos de Disposición, ou Layout en inglés, permiten modificar a forma en que se colocan os elementos. Existen varios tipos:

Tabular

Ordena os elementos en forma de táboa.

Ventá do visor amosando unha disposición de catro botóns en táboas.

Manuel Torres BúaDisposición tabular (CC BY-SA)

 

Vertical

Ordena os elementos colocándoos un despois doutro en orientación vertical.

Ventá do visor amosando catro botóns cunha disposición vertical.
Manuel Torres Búa. Disposición vertical (CC BY-SA)
Horizontal

Ordena os elementos colocándoos un despois doutro en orientación horizontal.

Ventá do visor con tres botóns cunha diposición horizontal.
Manuel Torres Búa. Disposición horizontal (CC BY-SA)

Poden incluírse disposicións dentro de disposicións, polo que combinando varias podemos conseguir un bo deseño de interface.

Textos traducidos e adaptados de:

¿Como funciona una aplicación en App Inventor? Creando la interfaz de usuario. | DIWO”, [En liña]. Dispoñible: http://diwo.bq.com/como-funciona-una-aplicacion-en-app-inventor-creando-la-interfaz-de-usuario/. (CC BY SA)

Exemplo

Seguindo co curso deseñado por Luis Díaz, vemos no vídeo seguinte como se crea a interface dunha pequena aplicación que emprega o reloxo do sistema e a vibración do dispositivo móbil.

Para saber máis

Este vídeo afonda no manexo de botóns para a creacións de interfaces.