Saltar navegación

TRAXES ESPACIAIS

A Estación Espacial Internacional, ISS polas súas siglas en inglés (International Space Spation) orbita aproximadamente a 360 km de altura e está habitada de xeito permanente desde novembro de 2000.

Non nos resulta raro ver como os e as astronautas realizan paseos espaciais, necesarios para o mantemento da estación (instalación de compoñentes, cambio de instalacións de sistemas, módulos ou equipos) e tamén para observar, instalar ou recuperar experimentos científicos.

As duras condicións no espazo exterior (as temperaturas poden variar entre -250 ºC e 250 ºC), a ausencia de osíxeno e a presenza de partículas de polvo espacial movéndose a velocidades moito máis altas cas dunha bala, fan necesario unha vestimenta moi especial.

Spacesuit. NASA. NASA.gov  CC0 1.0

O traxe espacial está feito a partir dun material composto formado por unha capa exterior de material de cor blanca para reflectir a radiación solar;  capas internas de kevlar, que aportan resistencia; e algodón na capa máis interna, que proporciona un tacto agradable e absorbe a transpiración.Se queres saber máis sobre os traxes espaciais podes acceder á páxina web da NASA: Los trajes espaciales