Aprende
As propiedades mecánicas refírense ao comportamento dos materiais cando se lle aplican forzas externas.
Maleabilidade
Un material é maleable cando se estende en láminas ao ser sometido a un esforzo de compresión. O aluminio é un metal maleable e nesta propiedade baséase a fabricación do papel de aluminio.
Así se fabrica el papel de alumnio. Así lo fabrican. YouTube. Licencia estándar de YouTube.
Ductilidade
|
|
A ductilidade expresa a capacidade dalgúns materiais para estenderse en forma de fíos cando se estiran, é dicir, cando son sometidos a un esforzo de tracción. O cobre ou o aceiro son dúctiles: a fabricación de arames destes metais está baseada nesta propiedade. |
Dureza
A dureza mide a oposición que ofrece un material a ser raiado ou penetrado por outro.
En relación con esta propiedade, coñeces da materia de Ciencias Naturais, a escala de Mosh, que se emprega para medir a dureza dos minerais. Pero en tecnoloxía empregamos outras formas de expresar a dureza, como por exemplo a dureza Brinell ou a Knoop. Na seguinte táboa podes ver qué minerais e materiais teñen durezas similares, aínda que se expresen con valores diferentes nas distintas escalas.
| Mineral | Mosh | Material | Brinell | Knoop |
| Talco | 1 | Chumbo | ||
| Xeso | 2 | Estaño, ouro | 30 | 32 |
| Calcita | 3 | Aluminio, cobre, plata | 60 | 135 |
| Fluorita | 4 | Ferro, niquel | 100 | 163 |
| Apatita | 5 | Cobalto, aceiro ao carbono | 175 | 363 |
| Feldespato | 6 | Titanio | 300 | 560 |
| Cuarzo | 7 | Tantalio, manganeso | 500 | 780 |
| Topacio | 8 | Aceiro cementado | 900 | 1250 |
| Corindón | 9 | Cerámica aluminosa | 1500 | 2000 |
| Diamante | 10 | Carburos de tantalio e boro | 2500 | 8500 |
Tenacidade
|
|
|
A tenacidade é unha propiedade que indica a resistencia á rotura dun material ao absorber a tensión e presión dunha carga ou impacto repentino. O aceiro co que está construído unha campana, non rompe ao ser golpeado, polo que dicimos del que é tenaz; sen embargo, o vidro é un material fráxil. |
Elasticidade
|
|
|
Un material é elástico se recupera a súa forma orixinal cando cesa a aplicación unha forza que o está deformando (goma) e se conserva a deformación de forma permanente é un material plástico (plastilina). OLLO! Non debes confundir esta propiedade co tipo de material. |




