O lanzamento da MarumaSat III foi perfecto, pero non así a súa recuperación: a radiosonda deixou de emitir o sinal de radio e non puidemos comunicar cos outros dispositivos de localización. Levounos varios días atopala, máis ao final puidemos recuperar todos os equipos en perfecto estado, coas imaxes e os datos dispoñibles para a súa análise.
Introdución
HOUSTON, TIVEMOS UN PROBLEMA...E SOLUCIONÁMOLO!
|
Publicado en Praza Pública, o 15 de maio do 2018... Daquela, nun momento da súa caída, o equipo perdeu o seu sinal, o que dificultou moito as tarefas de recuperación do aparello. A procura estendeuse durante varios días, supoñíase que a sonda podía estar preto de Serra de Outes ou Negreira, aínda que a falta de noticias obrigou a estendela a concellos próximos, como Muros ou Carnota. A Axencia Escolar Espacial Galega chegou a solicitar apoio a través das redes sociais para conseguir recuperar o aparello. Finalmente, o sábado pola tarde a sonda apareceu en Negreira, moi preto do lugar previsto para a súa aterraxe. Rafa, alumno de 3° ESO do Maruxa Mallo de Ordes, foi quen a atopou. Houston, tivemos un problema... E solucionámolo. |
||
|
Perda MarumaSat III (twitter). NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Recuperación MarumaSat III (twitter). NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0

