Aprende
As propiedades físicas describen como se comporta o material cando é sometido á acción dun axente como a luz, a electricidade, a calor ou a gravidade.
Densidade
Expresa a cantidade de masa dun material por unidade de volume; porén esta propiedade indícanos se un material pesa máis ca outro.
Cando comparamos a densidade de dous materiais, sendo polo menos un deles un fluído, podemos predicir se un flotará sobre o outro ou, pola contra, afundirá. Ten en conta que o material de menor densidade sempre vai aboiar sobre o de maior densidade.
Condutividade eléctrica
|
Stranded lamp wire. Galipedia. Scott Ehardt. CC0 1.0 |
É a capacidade dun material para transmitir a corrente eléctrica. En función desta propiedade os materiais clasifícanse en illantes e condutores eléctricos. Tamén existen materiais semiconductores, que son aqueles que se comportan como illantes ou conductores eléctricos dependendo, por exemplo, da temperatura e/ou a presión do ambiente no que se atopan. Os metais son, en xeral, bos condutores eléctricos, mentres que os plásticos compórtanse como illantes. De aí, a forma na que están fabricados os cables: o metal interior conduce a electricidade e o plástico protéxenos das descargas eléctricas por contacto. |
Condutividade térmica
|
|
De xeito análogo á condutividade eléctrica, a condutividade térmica indíca a capacidade que ten un material para transmitir a calor e diferenciamos entre illantes e condutores térmicos. Os metais son, en xeral, bos conductores térmicos, mentres que os plásticos son illantes. De aí, a forma na que están fabricadas moitas das potas e tixolas: o metal do recipiente transmite a calor aos alimentos para que se cociñen, pero as asas de plástico impiden que nos queimemos ao tocalas. |

