Existe unha gran cantidade de materiais dispoñibles para abordar calquera fabricación, neste caso á da sonda MarumaSat. A elección dun ou outro tipo vai depender das súas propiedades, é son precisamente estas as que nos permiten establecer un dos criterios de clasificación dos materiais. Outro que podemos empregar, fai referencia á súa orixe.
CLASIFICACIÓN
Aprende
Os obxectos tecnolóxicos están fabricados cunha gran variedade de materiais que podemos clasificar de diferentes formas:
Segundo a súa ORIXE
A lá, o algodón, o petróleo, a madeira, a area, as rochas ou os minerais, son materias primas ou materiais naturais, xa que se atopan na natureza. Poden ter orixe animal, vexetal ou mineral.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| BladeShearing.Cstaffa.Wikipedia.CC BY-SA 3.0 | Petróleo.Iván Samano.Wikipedia.CC BY-SA 4.0 | Pxhere. CC0 1.0. | Mónica Stawowy. Pxhere. CC0 1.0. |
Estas, unha vez extraídas, poden transformarse mediante procesos físicos e químicos en materiais sintéticos ou transformados. Así por exemplo, metais como o ferro, o aluminio ou o cobre obtéñense a partires de diferentes minerais; os plásticos a partires de derivados do petróleo; e o papel e o cartón fabrícanse empregando a fibra de celulosa que se obtén da madeira.
Segundo as súas PROPIEDADES
|
Se temos en conta as súas propiedades, podemos clasificar os materiais en seis tipos, cada un dos cales agrupa a aqueles materiais que teñen propiedades similares: madeiras, metais, plásticos, téxtiles, pétreos, e cerámicas/vidros. En ocasións, necesitamos combinar as propiedades de varios tipos de materiais nun só, para o cal se crean os materiais compostos. Un exemplo deste tipo de materiais é o tetrabrick, formado por capas de material plástico (polietileno), cartón e aluminio. O cartón proporciona rixidez ao envase, o plástico faino estanco (impide fugas de líquido) e o aluminio protexe aos alimentos da luz e o aire. |
![]() |
|
TBA packaging components. KVDP. Commons Wikimedia. CC0 1.0 |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0




