Saltar navegación

TRABALLO EN EQUIPO

Aprende

Cando varias persoas intentan atopar unha solución para un mesmo problema, conseguen mellores resultados cando o fan xuntas que se o fan de xeito individual, porén a forma na que traballamos tanto no taller de Tecnoloxía coma no proxecto NOSA-MarumaSat é en equipo. 

Pero para que varias persoas que traballan xuntas sexan consideradas un equipo, non basta con que cada membro do equipo realice unha ou varias tarefas e xuntalas ao final. O equipo debe ter unha estrutura que favoreza a elaboración conxunta do traballo:

  • no taller defínense os seguintes roles dentro de cada equipo: coordinador/a, secretario/a, responsable de ferramenta, responsable de limpeza e responsable de material.
  • na NOSA organizamonos en seis comisións de traballo: audivisual, científica, comunicacióneconómica, meteorolóxica e tecnolóxica. Aínda que en cada instituto realizamos traballos ou facemos propostas dirixidas as diferentes comisións, cada unha delas atópase asignada a un instituto determinado.
Puzzle Game. Open Clipart. Pixabay. CC0.

Recomendacións para o traballo en equipo

Aprender a traballar en equipo non é sinxelo, a menudo poden xurdir discusións ou problemas entre as persoas que traballan xuntas, pero tamén pode resultar doado se tes en conta as seguintes recomendacións:

Recomendacións traballo equipo. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Roles no traballo en equipo no taller

Roles no equipo de traballo. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

A organización do traballo na NOSA

Comisións de traballo na NOSA. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0