Gravación e avaliación final.
Ben sexa unha gravación directa (ou varias), ben un audio con imaxes, o noso vídeo requirirá unha posprodución. Necesitaremos, logo, un programa de edición de vídeo para os engadidos e axustes: incorporar texto e música, cortar, fusionar...
O vídeo ben montado e revisado publicarase nun espazo dixital común, de acordo coas decisións tomadas entre todos. Difundirémolo a través das redes sociais (conta de Twitter do Centro ou outras, páxina de Facebook, etc.) e transmitirémoslle a iniciativa a toda a comunidade escolar e mesmo á prensa.
Achéganse opcións na rede para estas fases finais.
1. Autoavaliación
Escolle unha opción: 1 Insatisfactorio 2 Suficiente 3 Bastante satisfactorio 4 Moi satisfactorio
- Intereseime sempre por avanzar, de xeito ordenado seguindo as indicacións dadas 1 2 3 4
- Lin/vin con atención os textos e vídeos das diferentes actividades e participei nas reflexións 1 2 3 4
- Conseguín comprender a información, localizar exemplos e extraer os trazos dos vídeos 1 2 3 4
- Atendín e apliquei ou resolvín as actividades con acerto. Cubrín os cadros e fichas 1 2 3 4
- Atendín as listas, modelos e guías que se ofreceron na secuencia 1 2 3 4
- Corresponsabiliceime na planificación e revisión do guión 1 2 3 4
- Fun quen de mellorar a locución e a linguaxe 1 2 3 4
- Participei activa e coordinadamente no ensaio e na gravación 1 2 3 4
- Fixen valoracións con criterio nos ensaios dos demais 1 2 3 4
- Intentei superar as dificultades revisando as tarefas, buscando alternativas... 1 2 3 4
- Comuniqueilles aos compañeiros/as ao xeito as miñas ideas e achegas 1 2 3 4
- Colaborei cos demais sempre e na medida das miñas posibilidades 1 2 3 4
- Intercambiamos reflexións e propostas no seo do grupo 1 2 3 4
- Mantivemos no grupo un ambiente de traballo adecuado 1 2 3 4
2. Valoración da secuencia
1. Que contidos che pareceron realmente interesantes?
2. O modo de traballar e avanzar coas actividades pareceuche:
3. Que che resultou máis difícil de realizar?
4. Suprimirías algunha(s) actividade(s)? Cal(es) e por que?
5. Os textos e vídeos empregados resultáronche interesantes? Houbo algún que consideras que foi inadecuado ou moi difícil? Cal(es) e por que?
6. Os apoios que se dan na secuencia parécenche axeitados? E suficientes?
7. Cres que foron boas as propostas de traballo en grupo?
8. Consideras que a secuencia serve para aprender os contidos abordados? Con que nota a valorarías? (de 0 a 5)