Cada grupo rematará e revisará o seu guión, para chegar ao ensaio. Recolleranse ou crearanse tamén, se for preciso, os materiais que conforman os recursos visuais e sonoros cos que se realizará o vídeo.
Será importante agora reler con calma o guión completo para fixarse na presenza dos elementos precisos, na organización das ideas en parágrafos ben distribuídos, na claridade das oracións, as formas que lle dan cohesión ás ideas (especialmente os conectores textuais), a puntuación, as normas morfolóxicas, etc. Seguide, entón, os seguintes criterios de revisión do guión:
| Axústase á forma de discriminación que corresponde e parte dos exemplos? | Hai un título non longo e orixinal? | Os contidos combinan coherentemente a exposición e a argumentación? | Aprécianse distintas partes? Hai saúdo inicial, apertura que capta o interese e peche? |
| Empréganse fragmentos musicais e/ou efectos de son sen que interfiran? | Cada integrante ten o seu papel na presentación dos contidos? | O rexistro é formal pero está próximo do coloquial? | As ideas organízanse en parágrafos? A linguaxe é clara e precisa? |
| Inclúese algún recurso como reformulación ou aclaración? | Especifícanse os elementos de control de xeito paralelo ás locucións? | Úsase un vocabulario axeitado nos controis? | Incorpóranse marcas e notas sobre a forma de facer a locución? |
Realizade melloras concretas sobre o guión referidas cando menos aos aspectos traballados:
- Inclusión de procedementos explicativos precisos, non forzados: reformulación, exemplificación, clasificación, paréntese aclaratoria...
- Distinción de cada unha das partes con progresión clara.
- Presenza de marcadores ou conectores que guíen o avance da información e opinión.
- Uso de recursos de composición e apoio: ángulos e/ou planos variados, texto superposto...
A pronuncia, o ton, a intensidade ou o timbre determinan a intención da mensaxe e fan chegar esta de maneira efectiva. Ademais, á hora de gravar un vídeo, ao igual que nos medios de comunicación, é fundamental que a locución resulte natural e áxil -pero sen rapidez innecesaria-, así como próxima ao oínte.
Para que o discurso dun guión flúa con naturalidade e asemade para dominar as lagoas e os imprevistos na locución, cómpre ter práctica na realización de comentarios parentéticos. Estes comentarios son engadidos, coincidentes en boa medida cos recursos explicativos, que se incorporan ou superpoñen ao texto do guión para:
Antes do ensaio, lede en alto o guión, atendendo as marcas feitas pero tamén engadindo algún comentario parentético que faga máis comunicativa a lectura. Este comentario prepararase pero non se escribirá, pois debería inserirse durante a gravación oralmente coa maior naturalidade posible.
Para o ensaio, todos os membros do grupo deberán ter copia do guión revisado e ter claro qué lles corresponde facer. Cada grupo será valorado por outro coa rúbrica de coavaliación que se achega. Deberedes intervir todos/as de xeito coordinado e atender como mellorar a vocalización, a pronuncia, a velocidade, ou o ton.
Os principais erros que se deben evitar na locución son: