Pensa por ti

Temos a palabra

Planificamos e compoñemos xa o noso produto final: o vídeo. Mediante o guión literario, cada grupo de traballo irá establecendo, por escrito, a secuencia que permita o desenvolvemento progresivo das ideas que quere transmitir. Logo completerámolo cos elementos técnicos: imaxes (fondos, capturas...) e son (música e efectos sonoros), como mínimo.

Actividade

1. Previo

Bosquexade primeiramente as ideas que queredes comunicar mediante un mapa mental, cos aspectos clave e a información e opinión que se pode incluír en cada un. Se o precisades, axudádevos do vídeo de apoio. Recuperade os exemplos que recompilastes e mais as respostas elaboradas previamente e contemplade:

Que problema ides abordar?
A que tipo de público vos dirixiredes fundamentalmente?
Como presentaredes os casos con claridade?
De que información (teórica e da experiencia) botaredes man?
Que mudanzas queredes crear nos receptores? Como podedes facer para sensibilizar?
Manteredes as mensaxes das respostas e/ou propostas? Como se incluirán?
Que recursos estaría ben empregar?

Apoios

Elaboración dun mapa de ideas


Actividade

2. Guión literario

Co apoio do modelo de guión que se achega abaixo, cubride a folla de planificación do guión literario: establecemos as partes e redactamos o texto. Adecuaremos a escrita ao rexistro axeitado, entre formal e coloquial, e utilizaremos un vocabulario preciso para expresarnos coa maior claridade posible. Para iso, tamén incluiremos recursos explicativos.

Folla de planificación e, a seguir, modelo de guión:


1. GUIÓN LITERARIO

SECUENCIA

Diferentes partes

TEXTO PARA A LOCUCIÓN

Con indicación do ton e con marca das énfases (subliñados) e pausas (barras)

Título do vídeo
Sinxelo pero orixinal.
Apertura
Saúdo e presentación do tema. Intentaremos captar o interese coa alusión ao receptor, unha pregunta retórica ou outro recurso.
Corpo
Contidos expositivos e valoracións, propostas...
Partes do corpo.
Parte 1: ____________________
Parte 2: ____________________
...
Peche
Conclusión e despedida

Linguaxe clara e precisa.
Rexistro entre formal e coloquial.
Con recursos explicativos.


1. GUIÓN LITERARIO (exemplo con O do Blablacar)

SECUENCIA

Partes

TEXTO PARA A LOCUCIÓN

Con indicación do ton e con marca das énfases e pausas

Título do vídeo
1. Apertura
Saúdo e presentación do tema. Captación do interese .
2. Corpo
Contidos expositivos e valoracións.
Parte 1: Reaccións.
Parte 2: Reflexión 1
Parte 3: Reflexión 2
3. Peche

O do Blablacar
1. Chegou o momento, hoxe imos falar / do Blablacar. Moi boas, xentes de internet! Como sabedes, a final do verán de 2015 / publiquei unha viaxe no Blablacar entre Vigo e Ourense e unha rapaza chamada Ester / reservou praza comigo no coche. Ester / escribiume despois a través de Wathsapp, para ver como faciamos para quedar, e eu contesteille dándolle varias opcións e facilidades. Pero esta sorprendeuse de que a miña resposta fose en galego / e decidiu cancelar a viaxe comigo no coche. A min isto pareceume tan / surrealista / que decidín facer unha captura de pantalla e subila á miña conta de Twitter. O que pasou despois váivolo contar Marga Pazos. [Reprodución da nova na TVG]
2. O meu tuit apareceu en ducias de medios de comunicación de todo o Estado, o que fixo que durante días recibise / centos de mensaxes, a grande parte de xente de fóra de Galicia, nas que me chamaban de todo menos bonito. Toda esa voráxine que vivín / levoume a facer un par de reflexións, que son as que hoxe quero compartir convosco.
A primeira / é que en internet hai xente que se aburre moitísimo. Coa de vídeos de gatiños ou de rusos facendo cafradas, que falta haberá de ir buscar o perfil dun tipiño que viches nas novas para soltarlle un par de insultos?
E segunda, e xa máis en serio, é que as diferenzas culturais entre Galiza e os territorios monolingües do Estado / son máis grandes do que pensaba que eran. A meirande parte dos insultos que recibín co tema de Blablacar / eran de xente deses territorios. En todas as respostas había uns tópicos que se repetían: “eres un maleducado, ella te habló en castellano, tú le hablaste en gallego” (...)
3. Ademais de todos os insultos de rigor, chamáronme intolerante. E eu pregúntome: quen é máis intolerante, eu por falar na lingua na que adoito falar cunha persoa que dou por feito que a entendía ou quen pretende que nos adaptemos á súa visión do mundo monolingüe?

Ton divulgativo próximo
Linguaxe clara e precisa.
Rexistro entre formal e coloquial.

Actividade

3. Guión técnico

Tamén co apoio dun guión técnico que sirva de modelo (achégase abaixo tamén o posible do vídeo de Iago Varela), cubride a folla seguinte. Non esquezades incluír no plan os recursos e formas da linguaxe da imaxe que xa coñecedes, o son (música e/ou efectos tomados de fontes de recursos de uso libre) e mesmo algún texto escrito complementario para superpoñer no vídeo se se considera necesario. Empregade para iso, nas indicacións do guión, vocabulario técnico do que se atopa abaixo.

Decidirase, así mesmo, que función terá cada integrante do grupo: manexo dos recortes, locución...


2. GUIÓN TÉCNICO (Axustado ao guión literario. Con vocabulario técnico.)

Texto referencia

(Indicar)

CONTROL 1: lugar de gravación / imaxes

Plano/ángulo

CONTROL 2: son

Música / efectos sen interferir

CONTROL 3

Texto escrito complementario

[Voz/voces de: ]




[Responsables durante a gravación: ] [Responsables: ] [Responsables: ]

2. GUIÓN TÉCNICO (exemplo con O do Blablacar)

Texto de referencia

(Indicar)

CONTROL 1: lugar de gravación / imaxes

Plano/ángulo

CONTROL 2: son

Música e efectos combinados coa voz

CONTROL 3

Texto escrito.

[Voz Iago Varela]
Ata "falar do Blablacar"
Desde “Moi boas” ata “Marga Pazos”
Desde “O meu tuit” ata “o natural”
Desde "Aquí teño” ata "territorios multilingües"
Desde "O caso” a "mundo monolingüe"
Final

[Responsables durante a gravación: - ]
Gravación fóra do coche. Plano medio con fondo panorámico, ángulo frontal.
Gravación de estrada dentro do coche. Plano xeral, ángulo frontal
Gravación dentro do coche. Plano medio, ángulo frontal
Gravación dentro do coche. Primeiro plano, ángulo contrapicado lateral.
Gravación dentro do coche. Plano medio, ángulo frontal.

[Responsables: - ]
Música de fondo desde as letras do inicio.

[Responsables: - ]
Nome do autor superposto á gravación da estrada, con entrada e saída.
Enderezo web do autor, con fondo negro, no final.

Apoios

Listaxes e recursos

Léxico técnico da locución

A - E

  • Aguantar. manter a música en segundo plano.
  • En baleiro: voz sen fondo.
  • Encadear: fundir sons consecutivamente.
  • Esvaecer: levar o son a fade out.

F - G

  • Fondo: sonido ambiente.
  • Fundir: sons que se mesturan ao esvaecer un e entrar outro.
  • Golpe: fragmento musical breve que acentúa un contido.

P - R

  • Pausa valorativa: silencio para darlle importancia ao que segue.
  • Refacho: fragmento musical para separar contidos.

Léxico técnico da linguaxe da imaxe

Varios

  • Entrada e saída
  • Animación
  • Metáfora visual
  • Percorrido e situación

Ángulos

  • Frontal
  • Picado
  • Contrapicado
  • Cenital
  • Nadir

Planos

  • Panorámico e xeral
  • Enteiro
  • Medio
  • Americano
  • Primeiro e primeirísimo
  • Detalle

Recursos de uso libre:

Anterior

Obradoiro.


Seguinte

A lingua precisa.