Saltar la navegación

Xulia aprende a comer

Xulia é unha rapaza que non lle dá moita importancia á súa alimentación. Gústanlle as lambetadas. Moitos días non almorza. No verán, faille moita ilusión ir a unha hamburguesería e despois tomar un xeado. A froita, de cando en vez.

Coñeces rapazas e rapaces coma Xulia? Cres que outros adolescentes, coma ti, poden facer algo para convencer a Xulia de que é bo comer ben e vixiar a nosa alimentación? Ao longo deste proxecto, verás como podemos facer máis do que imaxinamos.