Cada ano, centos de adolescentes desenvolven transtornos da alimentación ou problemas de peso, de alimentación ou coa súa imaxe corporal.
Os transtornos da alimentación representan extremos nas condutas alimentarias e na forma de pensar na comida. Por exemplo, a dieta non remata xamáis, e cada día é máis restritiva. A persoa non pode sair coas amigas e amigos porque pensa que é máis importante ir correr para eliminar un bocadillo que comeu un rato antes. (1)
Para combater estas condutas prexudiciais, informarémonos sobre elas e transmitiremos o aprendido ás nosas compañeiras e aos nosos compañeiros, na nosa aula e no resto de cursos do Centro Educativo. Farémolo mediante cómics, que serán expostos nun lugar ben visible do Centro: nun corredor ou no vestíbulo da entrada, por exemplo.
(1) TeensHealth, «Transtornos de la alimentación». Recurso online. [Acceso: maio de 2017]