Temos que diferenciar ven dúas formas de gardar o noso traballo en Audacity.
- Unha é cando gardamos o noso proxecto tal e como o temos. Con isto o que temos é unha versión que podemos volver a abrir e modificar, engadir novos sons, etc. Neste caso é importante saber que Audacity crea unha carpeta c nome que lle poñas e _data ("nome"_data) e un arquivo de audio coa extensión .aup ("nome"_.aup). Se borras calquera deles non poderás volver a abrir o teu traballo así que é moi importante que nin lles cambies o nome nin os borres e que cando os pases a algún soporte de almacenamento estean no mesmo directorio. Se os pos en directorios diferentes non te preocupes xa que cando abras o ".aup" pedirache que busques a carpeta e so tes que navegar ata ela.
- O outro procedemento é cando queremos un arquivo coa mistura e modificacións de todos os nosos sons que poidamos reproducir ou compartir na web utilizando algún dos formatos convencionais (.wav, .mp3, .ogg, etc). Este proceso se coñece convencionalmente co nome de "renderizado" e aquí o temos como a opción de e"exportar audio" no menú "Arquivo".
Cando exportas podes escoller o formato de arquivo que prefiras. Nalgúns casos é probable que precises instalar algún codificador como é o case de LAME para crear arquivos Mp3. Basicamente terás que baixar o arquivo do codificador para o teu sistema operativo e dicirlle a Audacity onde está.
Aquí tes unha guía detallada do procedemento.
Cando creas un arquivo de audio é importante que inclúas os Metadatos. Esta información vai sempre vinculada ao arquivo e, ademais de permitir que os reprodutores de audio amosen o título, autor, etc. asegúranos que se o arquivo se perde e, por calquera razón se cambie o título seguiremos sabendo o que é.
Simplemente lémbrate de engadir esta información antes cando apareza este paso no momento da exportación. Levarate uns segundos pero vaite librar de máis dun susto.