Cando recollemos son nun contexto non controlado, como acontece na maioría dos casos cando facemos gravacións de paisaxe sonoro en zonas onde non podemos prever a intensidade dos sons que acontecen, é probable que sempre manteñamos unha marxe no volume da nosa gravación para evitar que se se produce un golpe ou son repentino se estrague a nosa gravación.
Esa marxe non pode ser demasiado ampla xa que se gravamos a un volume demasiado baixo pensando en aumentalo logo no noso editor se produce unha gravación moi ruidosa xa que o son que estamos gravando se misturará co son que producen os nosos dispositivos de gravación (gravadora e micrófonos). O ideal é manter unha diferencia considerable entre o ruído dos dispositivos e o son que gravamos, isto é o que se coñece como a relación sinal/ruído.
En consecuencia temos que darlle suficiente sinal de entrada ao son que estamos gravando pero sen deixar unha marxe suficiente para sons que nos poidan sorprender distorsionando a nosa gravación. Algunhas gravadoras contan con sistemas de limitación que poden prever esto, pero aínda que é recomendable activalos non sempre poden salvar un son excesivo polo que é recomendable estudar e anticipar o espazo no que estamos gravando, os sons que nos poden sorprender e deixar un marxe de volume.
Cando abrimos o audio en Audacity é probable que vexamos que os sons máis fortes da nosa gravación non alcanzan o volume máximo polo que estamos perdendo enerxía sonora. Pa re-axustar isto utilizaremos a opción de normalizar que basicamente o que fai é aumentar o volume do noso audio ata o punto máximo tomando como referencia os sons máis fortes sen que que chegue a distorsionar.
Aquí podes ver como aplicar a normalización en Audacity. Imos utilizar de novo unha voz porque permite percibir mellor os cambios.
Pero aínda así pode que atopemos que hai demasiada diferencia de volume entre os sons máis fortes e os máis suaves. É dicir que ten demasiada dinámica, algo que pode ser moi interesante en certas gravacións pero molesto noutras. Para axustar isto podemos facelo a man utilizando a opción de Audacity de Amplificar e seleccionando os momentos que queremos alterar. Ben podemos escoller os fragmentos suaves e aumentar o seu volume ou escoller os fortes, reducir o seu volume y logo normalizar. Eu me decanto por esta última xa que o resultado soe ser máis natural.
Máis isto pode ser interesante facelo a man nalgún caso concreto se queremos ter un control preciso aínda que pode ser moi tedioso se, por exemplo o queremos facer nun audio que dura 5 minutos. Para evitar isto temos a opción de editar a dinámica mediante un compresor. Este utilízase moito para acurtar automaticamente, seguindo o índice de proporción que indiquemos, a diferencia de volume entre as partes máis suaves e as máis fortes. É dicir, non aumenta todo o volume do noso audio por igual se non que aumenta máis os sons de intensidade máis suave e apenas ou nada os máis fortes.
O efecto do compresor depende da configuración dos parámetros que utilicemos e dependerá do son co que esteamos traballando e o efecto que queiramos conseguir. Se queres ver as diferentes opcións de configuración dun compresor podes visitar este vínculo.
Tamén é probable que queiras suavizar o principio e o final do teu audio para evitar unha entrada ou saída bruscas. Para isto podes utilizar as opción automática de Aparecer progresivamente (fade-in) e desvanecer progresivamente (fade-out) tal e como se explica neste vídeo.
Outro xeito moi útil para moldear a dinámica/intensidade do son en Audacity, e mesmo para facer fade-ins e fade-out ao teu gusto, é utilizar a ferramenta de automatización de volume. Con ela podes debuxar a forma en que se comparta o volume do audio, o que se coñece como envolvente.
Esta ferramenta será moi útil cando traballemos misturando audios de xeito que podemos practicamente esculpir o comportamento de cada un deles en cada momento e compoñer unha creación sonora equilibrada.