ECUALIZAR

ecualizaciónA ecualización é unha ferramenta moi útil cando traballamos con aúdio xa que nos permite, de certo xeito esculpir o noso son. En orixe o nome desta técnica fai referencia á posibilidade de utilizar un proceso a un son gravado que permita igualar, na medida do posible, o son gravado co son orixinal. Isto é debido a que os diferentes sistemas de gravación e transmisión de audio teñen unhas peculiaridades e sempre afectan en certo sentido ao son recollido facendo que desaparezan ou se potencien unhas frecuencias fronte a outras.

Polo de agora só traballamos cunha representación do son que representa a suma de todos eses sons como unha única onda complexa amosando a súa vibración (frecuencia x intensidade x tempo).

onda

Pero hai outro xeito que nos permite profundar nesas diferentes capas (frecuencias) que forman o son. Para ver cómo funciona esto imos utilizar a aplicación libre moi potente que se chama Sonic Visualizer e da que xa falamos na sección sobre a análise da paisaxe sonora. Se queres a podes instalala para tela a man cando queiras analizar sons e ver como están construídos aínda que nos non nos deteremos no seu uso. Entre as diferentes opción que permite este visualizador de audio está a capacidade de xerar espectros sonoros nos que aparecen todas as frecuencias que ten un son  (as diferentes capas que o compoñen) e a intensidade da súa presencia nesa mistura. Aquí tes por exemplo o espectrograma dunha paisaxe sonora gravada no Courel, o son das chocas dun rabaño e a voz do seu pastor.

Na parte superior vemos a onda sonora e abaixo o espectro no que vemos como un son, por exemplo a voz do pastor, está composta por unha serie de capas. Neste caso as cores representan a enerxía dunhas frecuencias e doutras sendo o laranxa o máis forte e o verde o máis suave.

Cando ecualizamos o que facemos é xogar coa maior ou menor presencias desas frecuencias que forman cada son (parciais). É probable que xa teñas usado ecualizadores sinxelos nos teus reprodutores de música aínda que moitos so discriminan entre graves, medios e agudos.

Nos sistemas de edición de audio temos moitas máis posibilidades xa que co ecualizador podes escoller frecuencias moi específicas.

Imos traballar cun pequeno fragmento de voz, xa que será máis doado de entendelo, para corrixir unha frecuencia que resulta algo molesta, concretamente unha "s" que ten un peculiar asubio que pode resultar molesto.

Aínda que aquí estamos utilizando a ecualización no sentido máis técnico pensando no axuste sonoro sempre podemos facer un abuso dela se queremos conseguir sons especiais. Proba por exemplo a coller unha voz e ecualizar de tal xeito que só se escoiten as frecuencias medias e escoitarás como parece simular o son a través dun teléfono ou un walki-talkie.

Aínda que isto non se trata dun proceso de ecualización propiamente dito existe unha opción interesante a modo de filtro intelixente que podemos utilizar cando queremos eliminar certos ruídos de fondo que non nos interesan. No seguinte vídeo verás como funciona.