A MONTAXE

Ocultar

Tanto se queremos crear unha composición musical complexa como elaborar algún tipo de traballo para a radio, o cine, ou mesmo facer unha creación fonográfica que recree a paisaxe sonora dalgún lugar temos que aprender a traballar con diferentes audios, non so secuencialmente, un detrás doutro, se non tamén simultaneamente.

Antes vimos como se pode copiar un audio e volver a pegar máis adiante, pero ás veces podemos querer facer unha montaxe máis complexa pegando o audio a continuación e que non se escoite ningún silencio nin clic e que pareza que e un son continuo.

Cando que remos facer este tipo de traballos o ideal e pegar o audio seleccionado e axustar os volumes para que a edición sexa máis limpa.

Como viches no vídeo anterior é moi doado crear novas pistas e superpoñer os audios uns enriba doutros para facer unha creación sonora, do tipo que sexa, complexa. A continuación podes ver o proceso con tres pistas de audio. Non é unha grande creación pero servirá de exemplo.

Fíxate que no encabezamento de cada pista debaixo do nome e a información sobre a calidade do audio hai unha ser¡e de controis.

Audacity control

Utilizando o botón de silencio podes decidir que esa pista de audio desapareza da túa mistura e escoitar só o resto mentres que utilizando solo acontece o contrario, siléncianse o resto de pistas e escoitamos so a que nos interesa. Estas ferramentas son moi util cando estamos traballando con varios audios simultáneos e queremos facer axustes de calquera tipo sobre un pista ou sobre varias. Podes pulsar varios a o mesmo tempo polo que podes seleccionar cales queres escoitar e cales non e facer diferentes probas.

O controlador de volume ten unha utilidade moi clara. Axustar o volume xeral da pista de audio. Lembra que tamén podemos utilizar unha ferramenta para facer variacións específicas de volume en cada momento controlando a dinámica. Dependendo o que queiramos facer utilizaremos unha ou outra ferramenta.

Por último atopamos o control de panorámica. Este control permítenos axustar nun sistema de reprodución estéreo por onde queremos que se escoite un son. Dependendo o valor que seleccionemos, máis á dereita ou máis a esquerda, o volume será máis forte por un lado que por outro e o noso cerebro terá a sensación que a localización do son está nese lado.

Cando misturamos varios audios isto pode ser interesante para crear a sensación de espacialidade ou panorámica.

Proba a xogar cos diferentes configuracións e ver se notas as diferencias.

REPRESENTANDO O MUNDO

Ocultar

Na unidade sobre a paisaxe sonora falamos do Disco dourado (Golden disc) que viaxou nas sondas espaciais Voyager e de como o equipo de expertos dirixido polo filósofo e científico Carl Sagan seleccionou sons ambientais que representaban o mundo.

Se fixeches o exercicio que alí se suxería agora é o momento de buscar os sons da túa lista e facer unha montaxe que sexa unha representación da túa idea do mundo, de como lle contarías a unha persoa doutro planeta como soa o mundo.

Se non o fixeches aquí tes o que se propoñía:

Esta é a lista de gravación que viaxaron ao espazo:

Volcáns, terremotos, raios, pozo de lodo, vento, choiva, mar, grilo, ra, paxaros, hienas, elefantes, chimpancé, lobo, pisadas, latexados do corazón, risa, lume, as primeiras ferramentas, can manso, pastoreo de ovellas, canto dos paxaros, ferreiro, aserradeiro, remachador, código morse, os buques (serea dun barco), cabalo e carro, tren, tractores, autobuses, auto, sobrevoo dun F-111, despegue do Saturno V, bico, a nai e o neno, signos vitais e pulsar.

Imaxina que ti foses o encargado na actualidade de facer unha selección de sons que representa o mundo na actualidade, anos despois de que Carl Sagan e os seus colegas fixeran a súa.

Engadirías algún outro son?

Eliminarías da lista algún dos sons seleccionados?

Fai unha lista duns 20 sons como mínimo que crees que representan o mundo.