Agora que xa sabemos como podemos gravar os nosos sons imos aprender a corrixir pequenos erros ou problemas que poden acontecer durante o proceso de rexistro.
Sempre é mellor tomar as precaucións adecuadas cando facemos as nosas gravacións. Se coidamos esta primeira fase evitaremos ter que adicar tempo para facer correccións que moitas veces non quedan satisfactorias. Por iso é importante que teñas en conta os consellos que se explican no apartado Gravando/gravación de campo.
De tódolos xeitos, aínda que as capturas de son estean ben feitas sempre é preciso facer pequenas edicións nos nosos audios para seleccionar ou adaptar o material final que queremos utilizar a partir do bruto inicial.
Iso é o que imos tratar nesta unidade. Moitos dos procesos indicados aquí poden aplicarse a outro tipo de material sonoro pero nos imos partir da idea de que estás traballando con gravacións de campo, paisaxes sonoras ou mesmo entrevistas. Hai outas cuestións aplicables a gravacións de, por exemplo instrumentos musicais, que son moi específicas e ás que non prestaremos atención.
Nos centraremos no uso dunha aplicación moi estendida coa que probablemente xa teñas traballado xa que, aínda que é sinxela permite facer interesantes procesos satisfactoriamente, é de uso bastante intuitivo e sinxelo, permite ampliar a súa funcionalidade instalando outros pequenos programas (plug-ins) ademais de tratarse de software libre. Trátase de Audacity, un editor de audio que inclúe algunhas opcións propias de unha Estación de traballo de Audio Dixital (DAW) como é a capacidade de traballar con varios sons ao mesmo tempo (multipista).
Non entanto, todo o que aprendas con Audacity é extrapolable a outros softwares de edición e mistura de son xa que a filosofía e procesos que están detrás deste tipo de ferramentas é moi similar e emula, en certo sentido, de xeito visual os sistemas físicos dos estudios de gravacións (mesas de misturas, gravadoras de cinta, efectos, etc.)
Así que o primeiro que tes que facer será instalar Audacity indo a este vínculo e escollendo a versión adecuada para o teu sistema operativo.
Cando abras Audacity verás que ten diferentes áreas de traballo.
As diferentes seccións superiores poden moverse para configurar a interface ao teu gusto polo que é posible que non te aparezan na mesma posición pero deberían aparecer as mesmas opcións.
Agora xa podemos introducir o noso primeiro audio ven abrindo no menú ben arrastrando o arquivo ao panel central.
Á esquerda do noso audio tempos unha sección con información sobre o audio e un pequeno menú despregable que podemos utilizar para facer algunhas operacións específicas.
A información se refire á formato e calidade do noso son, como foi gravada a sinal do audio.
nota: a partir de agora e para os seguintes tutotiais lembra que non poderás facer modificacións ou editar se o audio se está reproducindo (play) ou en pausa (pause). Para poder editar ten que estar parado (stop).