BÁSICO

edicion básica

Agora que xa sabemos como incorporar audios á noso espazo de traballo imos ver que podemos facer con eles para re-arranxalos, editalos, modificalos, etc.

Verás que algunhas das funcións que atopamos nun editor de audio son similares as que xa utilizaches algunha vez nun editor de texto, por exemplo copiar, cortar e pegar. Pero outras son específicas orientadas ao manexo do audio.

Imos empezar polas máis básicas e que son útiles cando queremos selecciona, cortar e pegar fragmentos de audio para eliminar partes que sobran ou cambialas de lugar, por exemplo nunha entrevista.

Co noso fragmento de audio seleccionado xa podemos facer calquera tipo de edición básica; cortar, copiar e pegar. Podemos pegalo nunha pista nova ou mesmo nun documento novo para re-arranxalo.

Ou podemos repetir fragmentos de audio simplemente pegándoos na mesma pista no punto onde queremos que soe de novo.

Audacity cortar

Fíxate que cando te colocas nos límites da túa selección aparecen unha pequena man. Isto permite axustar os marxes da selección de forma independente logo de ter marcada a área.

Dependendo de como fagamos os cortes pode acontecer que escoitemos pequenos "clics" no audio. Isto é debido a que hai un salto no momento do corte. O ideal é ver facer cortes limpos do audio para que haxa unha continuidade. Así o ideal é facer os cortes entre puntos que pasan polo marcador cero como podes ver na seguinte imaxe.

corte cero

Para axustar o corte podes utilizar a ferramenta de zoom para ampliar e facer os cortes con maior precisión.

Cando fas moito zoom verás que aparecen uns pequenos puntos.

editar puntos

Así se temos un clic tamén o podemos correxir refacendo a onda para evitar un salto brusco entre dous valores.