TRABALLO GRUPAL 3. Mandalas
- Visualizamos imaxes de alfombras florais da nosa cultura e de xeometrías orientais, árabes, etc.
- Aplicamos os coñecementos de xeometría plana para deseñar un motivo inspirado nos polígonos estrelados.
- Coloreamos o deseño con rotuladores.
- Escollemos por votación un dos motivos e concretamos os materiais naturais que podemos achegar (por exemplo: posos de café, herba cortada, area, cinza…).
- Podemos mesturar area cun pouco de pigmento para crear diferentes cores.
- Debuxamos a escala o deseño escollido sobre o chan, coa axuda de corda para os arcos e dunha vara longa para as liñas rectas.
- Imos engadindo o material respetando os límites do debuxo dende o centro para os extremos.