Skip navigation

MODELADO 4. Relevo

  1. Establecemos as diferenzas entre relevo e vulto redondo con imaxes concretas da historia da arte.
  2. Podemos propoñer un tema para dar unidade ao resultado (o mar, a terra…).
  3. Establecemos medidas fixas para obter módulos iguais, por exemplo: 15x15x5cm. (resulta práctico usar unha base de madeira de15x15cm.)
  4. O obxectivo da actividade é traballar os distintos planos de profundidade, modelando o volume nos 5cm. de altura propostos. Resulta moi útil unha tanza para cortar.
  5. Para o acabado final da peza podemos aplicar diferentes texturas.
  6. Colocamos os traballos entre paredes de madeira ou cartón ben seladas (con cinta de pintor ou de embalar). Aplicamos algún desmoldeante pola superficie (aceite, xabón con auga, etc.)
  7. Preparamos a escaiola nun cubo e volcámola con coidado sobre as pezas de barro. Unha vez seca retiramos as paredes de madeira e o barro.
  8. Convennos traballar o resultado con utensilios que rasquen, limpen e incluso tallen a escaiola.
  9. Podemos respectar a tonalidade do barro e a escaiola ou policromar as pezas.

Relevo barro_escaiola