Skip navigation

COLAXE 1. Papeis diferentes

Para esta actividade necesitamos fichas lisas de cor branca sen raiado de formato A5 (aproximadamente), tesoiras, pegamento, papel de calco, unha fotocopia en A5 e diferentes papeis (de embalar, de periódico, papel reciclado…).

  1. Podemos traballar a partir de fotocopias de retratos de persoas, personaxes ou obxectos representativos da cultura de masas.
  2. A partir da fotocopia calcamos, co papel de calco, formas concretas sobre os diferentes papeis.
  3. Recortamos as formas e pegámolas con pegamento ou cola transparente sobre as fichas brancas, buscando composicións cunha mensaxe clara.

Collages con diferentes papeis