Skip navigation
ESTRUTURAS 3. Máscaras
- Podemos introducir a actividade mostrando imaxes do entroido.
- Cada persoa busca unha parella, unta a súa cara con vaselina e coloca coidadosamente tiras grandes de vendas de escaiola humedecidas. Pronto endurécese o molde, e procedemos a retirar a máscara.
- Partimos de bosquexos en papel para continuar a actividade cortando malla metálica e dándolle a forma axeitada coa axuda do alicate. Recheamos e unimos á careta as formas resultantes coas vendas de escaiola.
- Rematamos ben a consistencia da máscara e a policromamos con acrílicos ou témperas.