Skip navigation

COLAXE 2. Positivo-negativo

Para esta actividade necesitamos fichas lisas de cor branca sen raiado de formato A5 (aproximadamente), tesoiras, pegamento e dúas fotocopias en A5, unha en positivo e outra coa escala de grises invertida.

  1. Podemos traballar a partir de fotocopias de retratos de persoas ou de obxectos representativos da cultura de masas, etc.
  2. Recortamos formas positivas e negativas das dúas fotocopias, buscando composicións cunha mensaxe clara, e pegámolas con pegamento ou cola transparente sobre as fichas brancas.

Traballos de positivo-negativo