ESTRUTURAS 4. Capas
Os materiais recomendados para o estudo do volume con capas concéntricas de igual espesor son: follas de cortiza branca e follas de poliestireno expandido (ou cartón pluma).
- Realizamos bosquexos de obxectos sinxelos a lapis sobre papel.
- Deseñamos as diferentes capas concéntricas. Para cortalas podemos empregar cúter ou unha serra pequena.
- Encolamos as pezas con cola branca ou látex.
- Podemos lixar e pintar a escultura tridimensional resultante.