MODELADO 3. Contentores
Traballamos un concepto fundamental na escultura: a unión dos opostos baleiro-cheo, o volume xorde por combinación do oco e do sólido.
- Partimos da idea de superficies pechadas que conteñen volume no seu interior para realizar bosquexos no papel en 2D.
- O profesorado achega unhas nocións básicas sobre a técnica de modelado con churros.
- Unha vez levantada a peza, manipulamos mediante seccións feitas con tanza coa finalidade de mostrar as partes ocultas.